A Xunta convoca as axudas anuais para festivais de artes escénicas cunha dotación de 280.000 euros

Autor: Xunta de Galicia

Publícanse no DOG as bases desta liña de apoio, que poden solicitar ata o 25 de abril tanto empresas privadas como entidades locais para a organización profesional deste tipo de certames

Con elas, complétanse as cinco convocatorias do programa anual de axudas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ao sector escénico cun investimento conxunto superior a 1,9 M€

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2025

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases das subvencións a festivais de artes escénicas, convocadas anualmente pola Xunta para a organización profesional de certames considerados estratéxicos para o sector. Cunha dotación de 280.000 euros, esta liña de apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude busca reforzar o papel destes eventos como dinamizadores culturais e polos de atracción turística nas súas respectivas contornas, ademais de como plataformas para unha maior proxección social da produción escénica galega.

Con esta publicación complétanse, ademais, as cinco convocatorias do programa anual de axudas do departamento de Cultura do Goberno galego ao sector das artes escénicas, que suman un investimento conxunto de máis de 1,9 millóns de euros. Dentro del, resolveuse xa a concesión de 215.000 euros para o mantemento da actividade de catro salas privadas e tamén se atopan en marcha as liñas para creación escénica, distribución de espectáculos dentro e fóra de Galicia e contratación de compañías profesionais galegas no circuíto Cultura no Camiño.

Unha ducia de mostras en 2024

As axudas para festivais, que poden ser solicitadas entre o 26 de marzo e o 25 de abril tanto por empresas privadas como por entidades locais, manteñen a dotación de 280.000 euros respecto a 2024, ano no que foi reforzada cun incremento orzamentario de máis do 30 por cento para alcanzar as 12 mostras subvencionadas, dúas máis que en 2023.

Convocadas en réxime de concorrencia competitiva, diríxense á organización de festivais profesionais de artes escénicas con datas de celebración comprendidas entre o 1 de novembro de 2024 e o 31 de outubro deste ano. A contía máxima da axuda é de 60.000 euros por proxecto, podendo alcanzar ata o 60 % do orzamento subvencionable. Esta porcentaxe elévase ata o 85 % no caso das solicitudes conxuntas de entidades locais ou daquelas resultantes de fusión.

Os certames candidatos deberán ter realizado cando menos dúas edicións anteriores e programar un mínimo de seis compañías. Entre os requisitos esixidos, establécese tamén que o orzamento destinado á contratación artística deberá acadar o 40 % do total e del, polo menos un 30 % deberá investirse en compañías compostas maioritariamente por artistas que desenvolvan a súa actividade profesional en Galicia. Ademais, un mínimo do 60 % da carteleira ten que ser de pago por parte do público, excepto nos festivais de rúa.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/03/2025

Novas relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Te puede interesar también
doga:-bienestar-y-conexion-entre-humanos-y-perros
Salud

Doga: bienestar y conexión entre humanos y perros

Fortalecer el vínculo con las mascotas es un reto constante. No basta con alimentarlas o sacarlas a pasear, y es cierto que en medio de una rutina tan acelerada, encontrar espacios de conexión con los animales puede parecer complicado. Pero, ¿Qué pasaría si el bienestar de ambos pudiera fortalecerse en una sola práctica? Aquí es

Leer Más >>
¿usar-chatgpt-afecta-el-bienestar-emocional-de-las-personas?
Salud

¿Usar ChatGPT afecta el bienestar emocional de las personas?

OpenAI y el MIT presentaron el estudio Affective Use Study, que explora el uso afectivo de chatbots de IA, como ChatGPT, en los usuarios. Imagen: OpenAI OpenAI, en colaboración con el Instituto Tecnológico de Massachusetts (MIT por sus siglas en inglés), publicaron el estudio Affective Use Study , en el que buscan entender cómo afectan

Leer Más >>
el-numero-de-muertos-por-el-terremoto-en-myanmar-sube-a-mas-de-1.000
Estados Unidos

El número de muertos por el terremoto en Myanmar sube a más de 1.000

POR  DAVID RISING and JINTAMAS SAKSORNCHAI Updated [hour]:[minute] [AMPM] [timezone], [monthFull] [day], [year]   BANGKOK (AP) — La cifra de muertos por un poderoso terremoto de magnitud 7,7 en Myanmar aumentó a más de 1.000 el sábado, luego de que se recuperaron más cuerpos de los escombros de numerosos edificios que se desplomaron cuando el

Leer Más >>

¿Quieres hablar con nosotros en cabina?

Nuestros Horarios en el Estudio:

9am a 11am | 12m a 1pm | 4 a 5 pm | 5 a 6pm

horario del pacifico